Rianxo estuda varias opcións para restablecer o servizo municipal de transporte

RIANXO> A concesión de dito servizo rematou e as empresas que viñan realizando o servizo xa non estean interesadas en renovalo, ó resultarlle deficitario.

O alcalde, Adolfo Muíños, informou de que o Concello está a traballar para tratar de restablecer o servizo municipal de autobús, unha vez rematada a súa concesión. O servizo que estaban prestando ata o de agora dúas empresas resulta deficitario nas actuais condicións, polo que a estas non lle interesou seguir realizándoo.

Dende o Concello consideran que o servizo debe darse, ó resultar imprescindible para moitos veciños do municipio. De aí que estean estudando varias fórmulas para retomalo canto antes.

Xa a máis longo prazo a intención do Concello pasa por sacar unha nova concesión.

A nova do remate da concesión do servizo suscitou un enorme malestar na vila, non só dos posibles usuarios do mesmo, senón da propia patronal rianxeira, que xa remitiu un escrito ó Concello reclamando unha solución urxente a este problema.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí