
{flowplayer}barbanza/galegocampa.flv{/flowplayer}
Catrocentos mozos pasarán este verán polo campamento xuvenil de Espiñeira no marco do programa Acción de Verán 2012 do que se beneficiarán oito mil rapaces en toda Galicia.
O Director Xeral de Xuventude e Voluntariado visitou as instalacións dos campamentos do Barbanza. Ovidio Rodeiro estivo acompañado na súa visita polo Secretario Xeral de Política Lingüísitica quen dou a coñecer as novidades incluídas este ano no Galego Campa un programa que busca promover o uso da lingua a través das actividades lúdicas desenvolvidas nos campamentos.
O alcalde de Boiro destacou a importancia de poñer en marcha este tipo de iniciativas formativas que ó mesmo tempo supoñen un factor de dinamización turística para os concellos que as acollen.
Redacción Barbanza