O BNG de Boiro demanda melloras no núcleo de Esteiro

    BOIRO> O BNG de Boiro levará a pleno tres mocións encamiñadas a melloras os servizos do lugar de Esteiro. Reclaman a construción do paseo marítimo, a dotación de beirarrúas ata o lugar de Cariño e a eliminación das molestias ocasionadas polo pozo de bombeo. Tras manter unha xuntanza cos veciños do lugar de Esteiro o BNG trasladará ó pleno unha serie de demandas formuladas polos residentes na zona. Entre elas, a necesidade de acabar coas molestias derivadas do funcionamento do pozo de bombeo instalado na zona, ó lado das vivendas e dun parque infantil. Por outra banda, piden ó executivo que inste á Demarcación de Costas á construción do paseo marítimo, un proxecto xa comprometido e para o que foron expropiados os terreos hai varios anos. Outra demanda, en materia de seguridade, é a construción de beirarrúas proxectada entre estre núcleo e Cariño.