NOIA> Por terceiro ano consecutivo e, despois do éxito das edicións anteriores, volve o Bolo Fest.
A cita organizada polo Concello en colaboración cos varios negocios de hostalería, busca promover os grupos e artistas locais ó tempo que poñer en valor unha área recreativa moi próxima ó casco urbano.
Este ano os grupos convidados son un total de oito: DJ Pichi, Moreforty´s, The Cods, Sara & Majos, Tano Saníns, Onda Dagda, Fla-Meco e Boomers.
Empezarán a tocar a partir das cinco da tarde ata as doce da noite con variedade de estilos.
O Festival terá ademais un carácter solidario, xa que o que se recade coa venda das entradas irá destinado integramente á Cruz Vermella Local.
As entradas anticipadas pódense adquirir por tan só dous euros no Fina Estampa, no Jaratuxa e no Manduka. Ese día en taquilla terán un prezo de tres euros.










