O apalpador visita ós nenos da Pobra

POBRA> Durante a fin de semana tamén se desenvolveron na Pobra varias actividades dentro da programación do Nadal deseñada pola concellaría da Promoción Económica.

O sábado coa visita do Apalpador, que realizou unha ruta polo centro da vila para visitar ós máis cativos.

A outra das propostas foi o tren do Nadal, que percorreu tamén nas xornadas do sábado e do domingo as diferentes rúas da localidade, partindo dende a praza Alcalde Segundo Durán.

Na Pobra tamén se puido desfrutar do Fogar do Nadal, un espazo habilitado na oficina de turismo do Castelo con numerosas propostas para a rapazada, como é o caso de talleres, pintacaras, decoración ou panxoliñas, entre outras.