PORTO DO SON> Porto do Son volveu ás súas orixes cunha nova edición da Feira Celta.
A actividade ano a ano vai adquirindo maior relevancia e xa se converteu nunha das citas ineludibles na comarca. cada ano son máis as persoas que se achegan ata a vila sonense para disfrutar desta festa onde as rúas do casco antigo da vila se converten nun improvisado castro celta.
O número de postos vai cada ano en aumento como tamén o número de actividades que se organizan, o que lle dá un maior dinamismo a esta festa.
É o caso dos espectáculos de rúa dirixidos ós máis pequenos coas actuacións de lume e circo, con xogos acrobáticos.
Pero tamén hai que destacar os eventos de maior formato como foron os espectáculos de noite da man de Troula Animación con ‘Errantes’, ‘SubUmbra’ e ’Lume’ que fixeron as delicias do numeroso público asistente, que mesmo facía complicado poder seguir a función.









