Julio Iglesias protagoniza a 60 edición da Festa do Albariño.

    CAMBADOS> Coñecemos xa os detalles da Festa do Albariño de Cambados deste ano 2012, a sesaxésima edición;

    {flowplayer}images/salnes/ptac_albarino_2012.flv{/flowplayer}

    ..un evento, que máis aló do seu caracter festivo, supón unha gran promoción do viño da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    O mércores será o día que abran os stands de viño do Paseo da Calzada, e o xoves inaugurarase o túnel do Viño no Salón Peña e xa o venres comezarán as catas para escoller o mellor viño albariño da DO Rías Baixas da anada 2011.

     Será o domingo cando se dean a coñecer os gañadores no transcurso do xantar albariñense, tras coñecérense os novos cabaleiros e damas do albariño do Capítulo Serenísimo deste ano da man da presentadora, Paloma Lago.

    Ás damas e cabaleiros virán a unirse os recoñecidos cas follas de prata. Coñeceremos tamén os albariñenses de honra deste ano. A parte da festa de exaltación enolóxica, Cambados será un fervedoiro de actividade cultural e musical: o martes actuarán na Praza de Fefiñáns os Arizona Baby e Los Coronas; o mércores Julio Iglesias e o xoves, na gala do Albariño La Guardia, Soraya e Manolo Escobar; o venres Macaco, o sábado Xoel López e o domingo o Musical Infantil, o Libro dos Contos.

    Redacción Salnés