Boluda inicia mañá a súa actividade na terminal de Ferrazo

    boluda.jpgVILAGARCÍA> Será a primeira parada nas instalacións arousáns do buque Neuburg, que semanalmente cubrirá a liña Bilbao- Vilagarcía- Lisboa- Canarias.

    A empresa Boluda iniciará mañá a súa actividade na terminal de Ferrazo, no porto de Vilagarcía. O buque Neuburg será o primeiro da compañía que faga escala nas instalacións arousás; un feito que se repetirá de xeito semanal dentro da liña Bilbao- Vilagarcía- Lisboa- Canarias. A actividade de carga e descarga prolongarase durante toda a xornada de mañá, cunhas previsións de desembarcar 140 teus e embarcar 150.

    Coa chegada de Boluda, a Autoridade Portuaria agarda que a terminal de contedores de Ferrazo acolla un movemento de mercadorías de 200 mil teus no primeiro ano de funcionamento, unha cifra que se prevé incrementar en sucesivos exercicios.

    Redacción Salnés