![]()
POBRA> Arousa Norte conta cun total de 1050 prazas de amarre en instalacións náutico deportivas. De aí, a importancia na comarca deste sector.
{flowplayer}barbanza/planestratexicoportospobra.flv{/flowplayer}
O Plan Estratéxico pretende sentar unas directrices para o desenvolvemento do sector náutico recreativo de cara ós próximos oito anos optimizando os recursos destinados ás instalacións e actividades nos portos de competencia autonómica.
A administración traballa dende principios de ano na elaboración do documento para o cal se constituíron catro mesas de traballo.
Trala elaboración das bases que rexerán o plan abrirase un prazo de dous meses, a primeiros de agosto, para que os concellos, clubs náuticos e operadores do sector presenten as súas propostas de cara á redacción definitiva do documento.
Redacción Barbanza







