A achega do concello permite ó Suh Sport acudir ó campionato de España

BOIRO> A implicación do concello de Boiro permitirá que o equipo de taekwondo do Club Suh Sport poida viaxar esta próxima fin de semana ata Castellón para participar no Campionato de España de Clubs. A entidade boirense competirá en dúas categorías, cadete e sub21. De todos é sabida a aposta do executivo boirense polo deporte local. Ó aumento importante da contía destinada a axudas a clubs e entidades deportivas do municipio nos últimos anos, hai que sumarlle tamén a sinatura de convenios de colaboración como o que vén de asinar co Club Suh Sport. A achega do concello permitiralle á entidade poder acudir co seu equipo a Castellón para participar no Campionato de España de Clubs. O Club Suh Sport desprazarase a terras castellonenses cun total de once deportistas que competirán nas categorías cadete e Sub21.