![]()
VILAGARCIA> A primeiros do mes que ven podería estar resolto o conflicto sociolaboral de Alfageme.
{flowplayer}images/salnes/reunion_consorcio_alfageme_230712.flv{/flowplayer}
Tralo auto da Audiencia Provincial de Pontevedra, ante o que cabe a opción de recurso por parte da Familia Lago, expropietaria da firma; o comité de empresa está a mover ficha. Veñen de reunirse con representantes da empresa cántabra El Consorcio, quen lles ratificou a súa intención de seguir adiante co proceso de compra das factorías de Ribadumia e Vilaxoán e manter os postos de emprego xerados por estas dúas fábricas e a do Grove.
Segundo veñen de actualizar sindicatos e empresa candidata á compra, as 148 traballadores iríanse incorporando progresivamente á firma mantendo as súas condicións laborais referentes ó salario e á antigüidade.
Para que sexa posible chegar a rubricar o proceso de compra-venda é mester que a Xunta de Galicia debe liberar o crédito preciso para que poida formalizarse o acordo económico. Para iso, tralo acordo sindical que parece seguro, só falta que se aprobe no Consello da Xunta deste xoves.
Os sindicatos mantéñense á espera de que a Consellería de Economía e Industria os chame para darlles conta do cumprimento da súa parte. Ate o de agora non ten data pero dáse por sentado que a solución se encarrile esta semana.
Pola súa banda, representantes do Comité de Empresa volverán a reunirse o venres en Pontevedra cos axentes de El Consorcio, para asinar o acordo que especializará á factoría de Ribadumia en producción de anchoa e almacén, namentres o resto da producción, principalmente enfrascado de túnidos se executa en Vilaxoán, logo dunha importante inversión inicial prevista polo grupo cántabro.
Pola súa banda a CIG reunirase mañá en asemblea cos traballadores de Alfageme, namentres Comisións Obreiras fai o propio cos de Vilagarcía o xoves e cos do Grove o venres á tarde.
Redacción Salnés








