O Centro Comercial Arousa, adolece de cambios e reformas

    Tras case 19 anos de funcionamento o Centro Comercial Arousa, está hoxe máis baleiro que nunca. En tres das catro plantas das que dispón este centro comercial, atópanse moitos locais pechados con carteis de se vende ou se aluga e incluso pasillos enteiros sen actividade comercial.
    Nos últimos anos foron moitas as queixas dos propietarios ou arrendatarios de locais no Centro Comercial Arousa respecto da xestión realizada pola xerencia do Centro, e varios os que acabaron por instalarse nas aforas do mesmo ou ben noutros emprazamentos.
    Da planta baixa marcharon varias empresas, unha das que máis metros cadrados posuía era Cadena Master de electrodomésticos.

    Baños pechados na segunda planta
    Centro Comercial Arousa
    Escaleiras pechadas no Centro Comercial Arousa
    .

    Na primeira planta cada día son máis os comercios pechados e locais baleiros (xogos, bixutería, roupa, calzado) e nun dos seus laterais tapiáronse as fachadas de varias tendas e agora a zona serve ocasionalmente para albergar algunha que outra exposición temporal.

    Da segunda planta, dedicada a hostalería, o longo do tempo foron pechando diferentes establecementos, un dos primeiros foi a Pastelería Ankar, e o último en facelo foi o Gambrinus.

    Segundo algúns comerciantes os prezos que se pagan por metro cadrado á Comunidade de Propietarios non están en consonancia cos servizos prestados, nin co estado de abandono no que se atopan algunhas das súas instalacións. Hoxe en día, e dende hai tempo, os usuarios do Centro Comercial Arousa poden atoparse con aseos pechados ou escadas tapiadas como as da segunda planta.

    Dende hai tempo o Centro Comercial Arousa foi perdendo relevancia comercial na comarca do Salnés, cedendo protagonismo os pequenos comercios instalados no centro de Vilagarcía ou das vilas próximas, debido o empuxe e unión das asociacións de comerciantes que con maior frecuencia desenrolan campañas publicitarias conxuntas, actividades próximas os veciños, participativas e variadas o longo do ano con obxectivos e estratexias claras, a fidelización da súa clientela mediante a implicación coa sociade.

    {gallery}Centro_Comercial_Arousa/Locais_valeiros{/gallery}