CAMBADOS> O concello de Cambados, a fundación galega contra o narcotráfico e a Universidade de Santiago loitarán xuntas contra a adiccións ás novas tecnoloxías. Enfermidades como o xogo patolóxico ou a adición ás redes sociais e aos videoxogos afectan en maior ou menor medida, a un 25% dos menores. O primeiro paso desta loita será unha charla coloquio o vindeiro mércores destinada, especialmente, a adolescentes, pais, nais, mestres e políticos.
Coa chegada da Internet, aumentou o número de persoas afectadas, e especialmente adolescentes, polas denominadas adición sen substancias. Dentro de estas enfermidades inclúese o xogo patolóxico e a adición ás redes sociais e aos videoxogos. Enfermidades que cada vez están máis presentes entre os menores.
Estas adicións teñen consecuencias mentais nos menores, que acaban sufrindo depresións e ideais de suicidio. Ademais de aparecer outras problemáticas como o ciberacoso.
Para loitar contra estas problemáticas, a Fundación Galega contra o Narcotráfico, o concello de Cambados e a Universidade de Santiago alíanse. O obxectivo é crear unha campaña na que concienciar á poboación sobre estes problemas e establecer as medidas a tomar para eliminalos. O primeiro paso será unha charla coloquio o vindeiro mércores 14 ás 7 da tarde no auditorio da xuventude de Cambados.
A campaña está destinada, especialmente, a adolescentes, pais, nais, mestres e políticos.
Dende a universidade denuncian que máis de 10 mil menores apostaron en Galicia, a pesar de ser ilegal, de forma online, e moitos máis en bares e cafeterías. Un problema que cada ano provoca problemas de saúde a miles de adolescentes só na nosa comunidade. De aí que sexa necesario un compromiso de toda a poboación para loitar contra un problema que xa é público.