GALICIA> A Xunta activa o nivel dous de alerta pola chegada ás praias dos pellets de plástico. Alfonso Rueda, con todo, pídelle ao goberno central que se traballe na súa retirada no mar antes de que cheguen á costa. Entre tanto, o goberno galego sigue reiterando que os pellets non son tóxicos. A Xunta mantense na súa teoría, a pesar de que a Fiscalía advirte de indicios de toxicidad.
A Xunta decidiu activa-lo nivel dous de alerta para facerlle fronte á chegada de pellets ás costas galegas, o que permitirá que o Estado colabora nas tarefas de retirada. Alfonso Rueda apunta que se esta situación acontecese nunha comunidade como Cataluña, o goberno central non estaría a pedir estes requisitos, pero o certo é que Asturias, gobernada polo PSOE, tamén se sitúa dende hoxe nese mesmo nivel dous, tan só dous días despois de que as primeiras bólas comezasen a chegar ás súas costas.
Ao mesmo tempo, o presidente galego demandou ao estado que limpe no mar, antes de que os pellets cheguen ao litoral.
Por outra banda, a Xunta insiste en que os pellets que están chegando ás praias galegas non son tóxicos. Unha teoría que se contradí co que sospeita a Fiscalía de Medio Ambiente. Nun decreto emitido nas últimas horas, o fiscal ve indicio sde toxidicidad nestas bólas de plástico, salientando que non son biodegradables e que non poden eliminarse de forma natural.
O fiscal sinala que estes materiais contribúen á contaminación por microplásticos, o que constitúe -engade- un obxectivo para a Unión Europea. Pídelle á Fiscalía Xeral do Estado luz verde á investigación por concurrir “nunha especial trascendencia dos feitos”.
Segundo os expertos, parte dos pellets que están chegando ás nosas rías conteñen un 30% de aditivos potencialmente tóxicos para os humanos, mesmo á hora de retiralos das praias, polo que recomendan empregar luvas e máscaras para a súa retirada.
Entre tanto, os pellets seguen chegando á costa, tendo xa constancia da súa presencia en toda a cornixa cantábrica e mesmo en territorio francés. O barco responsable do vertido perdeu cinco contedores, un deles con máis de 25 toneladas destas bólas, repartidos nun milleiro de sacos de 25 quilos cada un, como este que chegaba nas últimas horas á Illa de Aroua. Nos outros catro colectores perdidos transportaban pneumáticos, barras de aluminio e rolos de papel film.