![]()
RIBADUMIA> A Xunta comeza hoxe as obras para mellorar o firme da saída 7 da Vía do Salnés, entre os quilómetros 0 e 1.
{flowplayer}images/salnes/obras_via_rapida.flv{/flowplayer}
RIBADUMIA> A Xunta de Galicia comeza hoxe as obras para mellorar o firme da saída 7 da vía de alta capacidade do Salnés, entre os quilómetros 0 e 1.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, levará a cabo esta reforma para a cal investiu algo máis de 200.000 euros. As obra durarán ata o próximo mércores, e o que se pretende é a rehabilitación do firme mediante o fresado da capa de rodadura e a extensión do novo aglomerado. Estas modificacións completaranse coa colocación dunha barreira de protección de motocicletas.
O concelleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, comprometérase á realización destas obras na súa visita a Ribadumia o pasado mes de maio. O arranxe da vía do Salnés beneficiará ós municipios de Ribadumia e Cambados, e de xeito indirecto ós concellos de Vilagarcía, de Vilanova e a Illa de Arousa, así como ás empresas dos polígonos da zona.
Redacción Salnés







