VILAGARCÍA> Esta fin de semana Vilagarcía converterase en lugar de paso obrigatorio para os amantes da bicicleta BMX,…
{flowplayer}images/salnes/ptac_brincadeira.flv{/flowplayer}
… da patinaxe e demais cultura urbana. O sábado o parque do Cavadelo volverá a converterse por cuarto ano consecutivo no epicentro das actividades máis cool do momento.
E é que esta quedada de deportistas urbanitas segue facendo votos por converterse nunha cita ineludible no calendario alternativo galego.
Amais do skateboard a escala real, este ano tamén haberá pistas para fingerboards, os pequenos monopatíns que se manexan cos dedos. No apartado dos grafiteiros destacan a presencia de Mon, Nass e Zonk.
E como non, todo isto aderezado por música alternativa. Lembra o festival Trincadeira, antes Brincadeira, no parque vilagarcián do Cavadelo o vindeiro sábado 28.
Redacción Salnés