Durán presenta o anteproxecto dun crematorio ó carón do Hospital

    crematorio_hospitalcopy.jpgSALNÉS> O Presidente da Mancomunidade confesou que as negociacións están avanzadas. A intención é explotalo solo a través de concesións privadas.

    {flowplayer}images/salnes/CREMATORIO_HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}

    Tras coñecer onte que xa é oficial a compra dos terreos para a ampliación do Hospital do Salnés, hoxe coñecimos o anteproxecto deseñado polos técnicos do concello de Vilanova para a parcela situada ó carón da xa adquirida.

    Trátase dun espazo, duns 14.000 metros cadrados, onde ademais da anunciada intención de facer un aparcamento, contemplan un espazo para a construción dun tanatorio- crematorio e outro edificio para usos múltiples. Aínda que as negociacións estaban paralizara, o Presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, anunciou que as vai retomar para que o proxecto saia adiante.

    E é que segundo confesou Gonzalo Durán non é o momento para adquirir novos espazos con diñeiro público. Pero malia a situación actual, o Presidente comarcal confesou que se trata dun proxecto viable. O custe da parcela ascende a case un millón de euros.

    Non van renunciar xa que para o Presidente da Mancomunidade do Salnés este proxecto, xunto á agardada ampliación, non é máis que garantilo futuro do Hospital.

    Con todo, Gonzalo Durán amosou a súa disposición a mediar cos propietarios da parcela de aparecer posibles compradores.

    Redacción Salnés