Indignación, aprobación e petición de anulación

    VILAGARCÍA> O consello da Xerencia de Urbanismo de Vilagarcía aprobou esta mañá de xeito definitivo o proxecto de urbanización para a finca da antiga Megasa e o plan para instalar un supermercado nos terreos entre Pablo Picasso e a Avenida de Cambados. Zona Aberta, hostaleiros, praceiros e colectivos en contra, se xa estaban molestos pola pretensión do goberno local, quedaron esta mañá máis desencantados ante a actitude do alcalde de chegar tarde á cita e aínda así celebrar o consello. A oposición xa avanzou que a vai impugnar. O consello da Xerencia de Urbanismo de Vilagarcía aprobou esta mañá de xeito definitivo o proxecto de urbanización para a finca da antiga Megasa e o plan para instalar un supermercado nos terreos entre Pablo Picasso e a Avenida de Cambados. Facendo oídos xordos ás reclamacións de comerciantes, hostaleiros, praceiros e outros colectivos que se opoñían a estas accións, o alcalde Tomás Fole e os edís populares Ana Granja e Cholo Dorgambide deron luz verde ós proxectos alegando que contan con tódolos informes técnicos e xurídicos a favor. Realizárono sós. E é que o alcalde chegou dez minutos tarde á segunda convocatoria, e os representantes da oposición entenderon que, segundo os estatutos, non había cuórum para celebrar o consello e marcharon. Así se manifestaban pouco despois das dez e media da mañá, hora á que tiñan previsto finalizar a mobilización convocada ás portas do concello os opositores ós proxectos. Comerciantes, hostaleiros, praceiros ou representantes das plantillas de traballadores de Lantero e Cuca reuníronse para manifestar a súa oposición a uns proxectos urbanísticos que consideran traerán consecuencias nefastas para o tecido económico da vila. Sosteñen que detrás do proxecto de Megasa está a instalación dun gran centro comercial, malia que desde o goberno local din que non hai finalidade clara. Si está seguro o supermercado de Pablo Picasso con Avenida de Cambados. Para a oposición o verdadeiro problema de fondo é que Vilagarcía non conta cun Plan Xeral de Ordenación Municipal. De habelo, estas cuestións non se tería que facer a golpe de ‘decretazo’. O alcalde sostén que o consello actuou cumprindo a legalidade, e que se avanzou na tramitación é porque os proxectos contaban con tódolos informes técnicos e xurídicos favorables. Recoñece tamén Fole que as alegacións presentadas por Zona Aberta ó proxecto de Megasa se recibiron en tempo e forma. Que se avaliaron e que eses mesmos informes as desestimaron. Nada máis recibir a nova de que o Consello da Xerencia de Urbanismo si se celebrara, os representantes da oposición xa anunciaron que pedirán a acta da reunión para, unha vez recibida, poder impugnala. Alegan que sen on se permitiu a entrada na reunión á representante de Zona Aberta por ir contra os estatutos, seguindo esa mesma normativa a reunión tampouco se debería ter celebrado. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/05/MEGASA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/05/MEGASA_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}