Baixa o número de delitos pero ascenden os roubos con violencia

     A ILLA> En 2012, con respecto ó ano anterior, os delitos descenderon un 20% sen ben aumentou o número de faltas e roubos.

    {flowplayer}images/salnes/VisitaSubdelegadoBarro_180213.flv{/flowplayer} 

    A última vez que se reunira a Xunta Local de Seguridade da Illa de Arousa fora en 2005. Hoxe, ademais do alcalde Manuel Vázquez e o subdelagdo do Goberno, Antonio Coello, estiveron representadas tódalas forzas e corpos de seguridade que actúan no municipio. Malia as escasas xuntanzas mantidas, din que a colaboración entre institucións está a ser boa e que por iso a Illa é un concello tranquilo. 

    Os datos que se substraen do concello da Illa reflicten unha baixada no número de delitos, igual que a nivel nacional. En 2012, con respecto ó ano anterior, baixaron en máis do 20% sen ben aumentaron o número de faltas e roubos en domicilios.

    Manuel Vázquez aproveitou a ocasión para comunicar que dende o concello porase en marcha un plan para a loita contra a droga en colexios, institutos e centros de ocio así como constituirase unha mesa contra violencia de xénero, que pretende prever estes posibles casos.

    Antes desta xuntanza na Illa, o subdelegado do Goberno mantivo un encontro co alcalde de Barro, José Antonio Landín, na que trataron diversos asuntos en torno a este municipio.

    Redacción Salnés