![]()
CAMBADOS> A construción en Cambados experimentou nos últimos catro anos unha caída do 95 por cento.
O Concello tramitou en 2009 un total de 578 expedientes de obra e concedeu 457 licencias, xerando uns ingresos de algo máis de 304 mil euros por taxas e impostos. Unha cifra que supón unha substancial baixada na recadación por este concepto respecto á do ano pasado, que ascendera a 650 mil euros.
Isto supón un 55 por cento menos por mor da crise no sector da construción. A comparación é moito máis negativa para as arcas municipais se se establece con respecto ó ano 2007, cando se ingresaron 710 mil euros, e ó período 2006, cando se acadou un récord de 1,2 millóns de euros.
Tendo en conta os proxectos básicos presentados, o volume de negocio oficial arredor da construción foi de 6 millóns de euros en 2009, 10 millóns menos que en 2008 e 20 menos que en 2007. Segundo apunta o Concello, en catro anos pasouse dos 37 millóns ós seis. En canto á tramitación de licencias, descendeu desde as 619 de 2008 ás 578 deste pasado ano.
Redacción Salnés








