NOIA> O concello de Noia realizou unha serie de actuacións para mellorar a eficiencia enerxética no pavillón Alonso Rodríguez. Ademais da instalación de placas fotovoltaicas, procedeuse á reposición de varias luminarias na pista exterior.
A instalación de paneis solares na cuberta do pavillón Alonso Rodríguez permitirá un aforro anual estimado de 9 mil euros para as arcas municipais de Noia. Esta actuación supuxo un investimento próximo ós 48 mil euros, cofinanciado grazas a unha subvención do INEGA. Ademais o concello procedeu á reposición dos focos na pista exterior para permitira a práctica deportiva nun horario máis extenso.
En paralelo, o concello realizou tamén unha reforma na zona de vestiarios que se atopaban en moi mal estado.











