Zona Aberta entrega os 500 euros do premio polo Día do Pai

    Os comerciantes de Vilagarcía encaran o comezo da campaña de primavera con optimismo, aínda que este mes de marzo está sendo máis frouxo en canto a vendas que o comezo do ano. Hoxe a Asociación Zona Aberta entregou o premio da campaña do Día do Pai. Vén de remata a campaña do Día do Pai da Zona Aberta de Vilagarcía, e a Asociación de Comerciantes xa está pensando na próxima. As expectativas son positivas para esta primavera, aínda que este mes de marzo o baixón deixouse notar nos comercios. A presidenta de Zona Aberta fixo este balance durante o acto de entrega do premio que sorteou a Asociación pola Campaña do Día do Pai. O vilagarcián Julio Otero foi o afortunado no sorteo, e o agasallo nada máis e nada menos que 500 euros en vales de compra. Unha campaña, a do Día do Pai, que serviu para dinamizar o comercio nunha época algo máis inestable. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/23/sorteo_premio_zona_aberta_23032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/23/sorteo_premio_zona_aberta_23032017.mxf.mp4{/flowplayer}