Vandalismo en Vilagarcía contra dúas patrullas da Policía Local

    VILAGARCÍA > Vilagarcía volve estar de actualidade tralos actos vandálicos rexistrados na madrugada da fin de semana previa ó Nadal contra dúas patrullas da Policía Local. Os danos ascenden a 300 euros.

     

    cochepoli200191205.jpgOs axentes transitaban cos seus vehículos pola Avenida da Marina cando recibiron o impacto de dous envases de cristal, lanzados dende un grupo de persoas que, con anterioridade, foron obrigados a abandonar a calzada e colocarse na beirarrúa próxima a un local de marcha. Os feitos desencadenábanse cando unha das patrullas da Policía Local conminaba a máis de 100 persoas a que saíran da calzada e se colocaran na beirarrúa. A pesar de que nun primeiro momento si o fixeron sen maiores problemas, máis tarde, cando a patrulla transitaba co vehículo por diante do local, recibían o impacto do envase e, malia as pescuda feitas, non foi posible coñecer a indentidade de quen o lanzou.

    Despois de transcorrida máis dunha hora dos feitos, unha segunda patrulla recibía o impacto dun vasocochepoli2200191205.jpg lanzado dende un grupo de preto de 50 persoas que se atopaban na mesma beirarrúa. Nesta ocasión, non houbo que lamentar danos materiais e tampouco foi posible coñecer ó autor dos feitos. Parece ser que é habitual que os xóvenes saian deste local e disfruten no exterior das súas consumicións. O deteriorado estado no que se atopa a beirarrúa certifica esa costume extendida de continuar a troula fóra do local.    

    Redacción Salnés