Un octoxenario aparece morto na praia das Cunchas

    afogadocunchasrianxo.jpgRIANXO> Polo momento descoñécense ás causas que lle provocaron a morte, aínda que todo apunta a un posible infarto.

    {flowplayer}barbanza/afogadocunchasrianxo.flv{/flowplayer}

    O corpo da vítima, Xosé Rañó, de 86 anos de idade e veciño do lugar da Pedreira, aparecía flotando na beiramar deste areal. Ó parecer foi a propia filla do falecido, que o levaba buscando horas antes, a persoa que alertou ós socorristas, que sacaron ó home da auga e procederon a realizarlle os primeiros labores de reanimación. Ó momento persoáronse no lugar dos feitos unha patrulla da Policía Local, e membros de Protección Civil, así como tamén unha ambulancia do 061, que continuaron infrutuosamente cos labores de reanimación. Nun primeiro momento foi solicitada tamén a presenza do helicóptero do 061 con base en Santiago que non chegou a intervir, unha vez certificado o seu falecemento.

    Posible infarto

    Polo momento descoñécense as causas da morte e haberá que agardar á autopsia para coñecer os motivos do mesmo. Sen embargo, todo apunta a que a vítima puido sufrir un infarto.

    Tamén se achegaron ata o areal varios membros do equipo de goberno, entre eles o tenente de alcalde, Carlos Gey, que quixeron acompañar á familia do falecido nestes difíciles momentos.

    Redacción Barbanza