Pontearnelas acolle hoxe e mañá a Feira do Camiño

    O SALNÉS> Hoxe comezou en Pontearnelas a Feira no Camiño, unha nova edición da Feira Medieval que se celebra…

    {flowplayer}images/salnes/comeza_feira_camino_27072012.flv{/flowplayer}

     …neste lugar estratéxico situado entre os Concellos de Ribadumia, Cambados e Vilanova.

    As actividades comezaron a media mañá cos primeiros xogos ancestrais, exhibicións de cetrería e a solemne benvida ós peregrinos. Grandes e pequenos encontran aquí un fermosísimo entorno natural ataviado como noutrora no que hai ducias de actividades para entreterse; máis aló do habitual nas feiras meidevais ás que estamos acostumados.

    A satisfacción dos asistentes é total posto que case tódalas actividades son máis que orixinais e todas elas de balde, salvo as compras nos postos artesáns aquí dispostos, claro está. Os obradoiros dispostos son máis que tentadores, tanto que non fomos quen de resistirnos a probar.

    Para os que collan envexa, saiban que mañá aínda teñen tempo de asistir en horario de 11.30 a dúas pola mañá, e de seis a ata a medianoite, tempo no que se celebrará a Cea do Peregrino, que inclúe unha fermosa procesión de fachos e representación da Santa Compaña.

    Redacción Salnés