A Xunta elimina un punto de vertido ó río Té en Batán

RIANXO> A Xunta de Galicia eliminou un vertido de augas residuais ó río Té, en Rianxo. A orixe da fuga estaba nas malas condicións dun treito da condución de saneamento que xa foi reparado. Tralas melloras acometidas, constatouse o cese das emisións contaminantes.

Os técnicos de Augas de Galicia detectaron a presenza de emisións contaminantes no marco dos controis de calidade que realizan periodicamente. O punto de vertido ó río Te localizábase no lugar de Batán.

Tras realizar unha inspección, en colaboración con persoal da concesionaria do servizo de saneamento, comprobaron que a rede presentaba deficiencias neste punto polo que se procedeu ó selado das fisuras no colector de chegada ó bombeo. Tamén foi necesario substituír un treito da condución de impulsión que se atopaba moi deteriorado.

Trala realización destas melloras, os inspectores de Augas de Galicia efectuaron un seguimento para comprobar o correcto funcionamento da rede ratificando o cese dos vertidos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí