A asemblea do GDR resolveu proxectos por valor de 250.000 euros

SALNÉS> O Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia celebrou onte a súa asemblea xeral. Un encontro no que resolveron os proxectos da convocatoria 2020-2021, cun orzamento de máis de 250.000 euros. Ata hoxe, o GDR repartiu en axudas 2,2 millóns de euros a proxectos presentados na comarca, reforzando o seu papel como dinamizador do rural.

2,2 millóns de euros en axudas. Esta é a contía que repartiu ata o día de hoxe o Grupo de Desenvolvemento Rural Salnés-Ulla-Umia, sempre dirixida a proxectos para dinamizar o rural da nosa contorna.

Ademais dos cartos destinados directamente polo GDR, hai que ter en conta o investimento que se xerou. En total, mobilizáronse 13,5 millóns de euros, repercutindo nunha creación e consolidación de emprego de case 250 postos.

Onte o GDR celebrou a súa asemblea xeral de socios. Aprobaron todos os puntos tratados por unanimidade, algo que, segundo o seu presidente, débese ao interese dos socios por traballar cara o futuro. Ademais, resolveron os proxectos da convocatoria 2020-2021 por un importe total de máis de 250.000 euros.

A variedade de proxectos subvencionados é ampla. Así, van dende a dotación de novos servizos para a cidadanía ata a compra de maquinaria, pasando pola creación de novas prazas de aloxamento turístico, infraestruturas deportivas, culturais e sociais e o impulso das novas tecnoloxías.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí