Os amantes do bo viño teñen unha cita no Túnel do Viño de Cambados

    tunel_vinpcopy.jpgCAMBADOS> Trátase dunha iniciativa enmarcada na Festa do Albariño e na que os participantes poderán degustar 117 viños pertencentes a 58 adegas.

    {flowplayer}images/salnes/TUNEL_VINO_020812_.flv{/flowplayer}

    Monovarietais, plurivarietais, elaborados en barrica, crianzas, brancos ou tintos. Así ata un total de 117 viños pertencentes a 58 adegas poderanse na segunda edición do Túnel do Viño. Unha iniciativa, organizada con motivo da celebración da Festa do Albariño, que pretende contribuír á formación dos consumidores tanto amateurs coma profesionais.

    E é que o que se trata é de ofrecer, a todo aquel que o desexe, a oportunidade de ter un espazo onde poder profundizar nos albariños Rías Baixas. O que se busca é amosar tódalas sensibilidades que hai na DO.

    Ademais, os participantes contarán en todo momento co asesoramento dun sumiller AGASU, da Asociación Galega de Sumilleres. E tamén os que se acheguen ata o Salón de Congresos José Peña, saíran cunhas pequenas nocións sobre como catar un viño, ou o que é o mesmo, saber expresar o que estás apreciando na copa.

    O horario de apertura para os próximos días será de once da mañá a unha e media e de seis da tarde a oito e media, mentres que o domingo, so abrirá en horario de mañá. As entradas poderanse adquirir, polo módico prezo de quince euros, no propio salón de congresos ou en calquera das dúas casetas do Consello Regulador instaladas no Paseo da Calzada. A primeira edición deste túnel contou con máis de duascentas persoas.

    Redacción Salnés