Portos de Galicia presenta en Alemaña a súa variada oferta naútica

DÜSSELDORF> O paso de Portos de Galicia polo salón de Düsseldorf está servindo para introducir no mercado xermano a ampla e variada oferta da que dispón a nosa comunidade en materia naútica. O organismo da Consellería do Mar mantivo xa varios contactos con diversos colectivos e asociacións de navegantes do Rin, así com outras organizacións da zona do Mar do Norte.

Portos de Galicia está aproveitando o seu paso polo salón alemán para presenta-la súa oferta promocional deste 2018. Tamén se están a difundir algunhas das iniciativas que o organismo ten en marcha, como por exemplo o proxecto europeo Ecodestin.

Un dos xeitos para difundi-la oferta naútica  galega foi a proxección dun vídeo divulgativo que acadou numerosos eloxios por parte do público.