Máis do 90 por cento dos traballadores do metal secundan a folga

    metal100_200509.jpgCAMBADOS> Nova xornada de folga no metal, trala ruptura de negociacións a pasada semana. No Salnés, os sindicatos valoran …

    {flowplayer}images/salnes/FOLGA_METAL_200509.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Nova xornada de folga no metal, trala ruptura de negociacións a pasada semana. No Salnés, os sindicatos valoran positivamente o seguimento dos traballadores neste primeiro día de paro, e afirman que máis do noventa por cento das empresas do ramo están pechadas.

    Desde primeira hora da mañá, o piquete apoiado polos sindicatos Comisións Obreiras, UXT e CIG percorre a comarca arousá, sen incidentes. Na recta de Rubiáns, en Vilagarcía, xa nin tiveron que intervir. No polígono de Sete Pías, en Cambados, si atoparon algunha empresa aberta e con protección de ata catro patrullas da Garda Civil.

    Patronal e sindicatos seguen con posturas enfrontadas. Os empresarios piden 2 anos de vixencia do convenio e manter o poder adquisitivo dos traballadores. Pero os sindicatos esixen unha duración dun ano e un incremento salarial razoable, pero nunca conxelación de soldo. Mañá volverá a haber xornada de folga no metal.

    Redacción Salnés