A Xunta reclama ao ministerio que o mildeu se inclúa nas enfermidades subvencionables polos seguros agrarios

RIBADUMIA> A Consellería do Medio Rural solicita ao Ministerio de Agricultura que inclúa o mildeu nas enfermidades subvencionables polos seguros agrarios. Anunciouno a conselleira nun viñedo de Ribadumia, estragado hai uns meses por unha treboada. María José Gómez destacou a importancia de que os viticultores protexan as súas producións das inclemencias meteorolóxicas. O goberno galego acaba de ampliar as axudas a estes seguros, acadando os 11 millóns de euros, para fomentar a contratación de pólizas agrarias.

Galicia e outras comunidades únense para reclamarlle ao Ministerio de Agricultura que inclúa o mildeu dentro das pragas subvencionables polos seguros agrarios.
Porque, explica a conselleira, viñedos con mildeu poderían quedar excluídos de recibir compensacións ante estragos meteorolóxicos.

Declaracións da titular de Medio Rural dende un viñedo de Ribadumia afectado hai uns meses por unha treboada. María José Gómez destacou a importancia de que os viticultores protexan o seu con seguros agrarios. Nesa liña, destacou que o goberno galego acaba de ampliar as axudas a estas pólizas.

A conselleira destaca o incremento nas achegas neste ano porque, indicou, tamén aumento a demanda de seguros agrarios.

Seguros que achegan tranquilidade e estabilidade a viticultores, como no caso deste viñedo.

O alcalde de Ribadumia animou á veciñanza a contar con esta garantía nas súas parcelas.