Os comerciantes de Vilagarcían agardan un incremento das vendas nos últimos días da campaña de nadal

VILAGARCIA> Ritmo baixo das vendas de nadal nos primeiros días de decembro en Vilagarcía. Dende zona aberta sinalan que a incerteza pola situación leva a moitas persoas a adiar as súas compras. Aínda así, a campaña de nadal que realizaron en  novembro foi un éxito.

As vendas de nadal non comezaron ao ritmo doutros anos en Vilagarcía. Segundo indican dende a asociación de comerciantes zona aberta da vila, o movemento de clientes están sendo baixo neste comezo de decembro do 2021.

Precisamente, os últimos días son nos que máis se moven as vendas.

Dende os establecementos creen que esta pouca afluencia pode deberse ao medo á pandemia. Pero dende zona aberta afrontan con ilusión esta época de nadal e defenden a seguridade dos seus negocios e a calidade dos seus produtos.

A pesar da situación actual, os clientes si apoiaron a campaña de nadal que zona aberta lanzou no mes de novembro, ademais de esgotar a lotaría de nadal en moitos establecementos. Os comerciantes agardan que finalmente as vendas si sexa boas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí