Cambados recupera o mercado ambulante estreando ubicación e medidas hixiénicas

CAMBADOS> Cambados recuperou o seu mercado ambulante neste primeiro mércores da fase dúas. 150 dos 175 postos que habitualmente montaban na localidade decidiron regresar a actividade, nunha xornada que estivo marcada pola nova ubicación e as medidas para garantir a seguridade sanitaria.

As máscaras protectoras e o xel hidroalcohólico xa son omnipresentes nas nosas vidas. E hoxe non faltaron na volta á actividade do mercado ambulante de Cambados.

150 postos dos 175 habituais decidiron retomar a súa actividade. Estrearon medidas e tamén novas ubicacións. O concello ampliou o espazo ocupado polo mercado para que pudieran montar todos os vendedores e, ao mesmo tempo, garantir as distancias de seguridade.

Moitos cambadeses e visitantes aproveitaron a volta do mercado para facer as súas compras. Un ambiente que conseguiu calmar en gran medida os desencontros entre os ambulantes e o concello de semanas anteriores polo cambio de ubicación.

Para o goberno local, a seguridade dos compradores e dos vendedores é o obxectivo principal e o modelo escollido parece que convence. De feito, municipios da contorna como é o caso do Gove estudan aplicalo nos seus mercados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí