Periga o pacto de goberno por mor dun despido

despidotraballadoralimpeza100.jpg PORTO DO SON> Yolanda Torres presentouse no concello para denunciar o despido, segundo ela improcedente, do seu posto de capataz de praia.

{flowplayer}barbanza/despidotraballadoralimpeza.flv{/flowplayer}
 
Yolanda Torres denunciou o despido, segundo ela improcedente, por parte do Concello de Porto do Son do seu posto de traballo como capataz de praias. O motivo é o incumprimento do horario laboral establecido ó que se suma o feito de non ter limpado todas ás praias que lle correspondían á súa cuadrilla.
 
A despedida alega que, nin ela nin os catro peóns pertencentes á súa cuadrilla cumpriron o horario, pero sí ás horas a traballar, comezando ás 7 da mañana en lugar de ás 8 e rematando ás 11.30 en lugar de ás 12. En canto á limpeza da praia, alega que a extensión que lle tocou á súa cuadrilla é unha zona moi ampla á que chegan gran cantidade de residuos.
 
Decisión unilateral
 
O portavoz de AVS, Xabier Quiñoy, ve excesiva a decisión tomada polo alcalde de xeito unilateral e remarca a desproporcionabilidade da sanción. Considera que o tempo que traballou anteriormente no concello e os informes favorables que obtivo son suficientes para ter superado o periodo de proba.
 
Toda a cuadrilla acompañou á súa capataza que ten pensado recorrir a decisión por vía xudicial
 
Resposta do concello
 
Pola súa banda, no concello de Porto de Son deron réplica á denuncia feita por Yolanda Torres, por despido improcedente do seu posto laboral como capataza dunha cuadrilla de limpeza de praias.
 
Consideran que este tipo de incumprimentos non son aceptables ó ter repercusión directa no turismo, un dos pilares fundamentais do concello. María José Maneiro remarca o feito de que a capataz incumpra o horario é un agravante que condiciona ó resto da cuadrilla.
 
Próxima reunión
 
O alcalde reunirase co tenente alcalde, representante de AVS pola posición de apoio á despedida Yolanda Torres.O concello estima que o periodo de proba non foi superado polo conxunto de incumprimentos realizados pola despedida.
 
Redacción Barbanza