Subhástanse os bens de Oubiña e Pelopincho

    VILAGARCIA> Esta mañá comezou en Madrid a subhasta de varios bens procedentes do narcotráfico e o branqueo de capitais en Galicia. En concreto hoxe saían a poxa varias propiedades do desaparecido José Antonio Pouso Rivas, alias Pelopincho; e do histórico Laureano Oubiña. 

     

    Chalés, bateas, baixos comerciais e fincas, entre outras cousas, compoñen os 30 lotes que o Plan Nacional sobre Drogas subhastou hoxe nun Hotel de Madrid cun valor de tasación actual de 3.5 millóns de euros. Estes bens son froito das ganancias do tráfico de drogas e do branqueo de capitais do narcotraficante cambadés Laureano Oubiña e o agora desaparecido José Antonio Pouso Rivas, alias Pelopincho. Entre estes inmobles non se atopa o chalé da Laxe, o que ía a ser a residencia de Oubiña e a súa malograda muller. A razón é a demanda por impago dunhas obras que ven de interpoñer o construtor Amancio Costa, quen tamén fora condenado a tres anos de cadea por branqueo. A falla desta propiedade entre o subhastado hoxe é unha mala nova para a Federación Galega Contra o Narcotráfico que ten medo que os testaferros poidan recuperar estes bens para os narcos nestas poxas. Estas poxas públicas serven de exemplos disuasorios para novos posibles narcotraficantes posto que Galicia segue a ser un dos máis destacados lugares de paso de estupefacientes en Europa. Ante esta destacada posición dos galegos no ranking do narcotráfico, a Federación Galega Contra o narcotráfico reclama que non se retiren efectivos antidroga de Galicia.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/10/fernando.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/10/repunte_narcotrafico.mp4{/flowplayer}