Louzán non descarta despedimentos nalgúns concellos de cara ó ano 2013

    fotolouzancopia.jpgPONTEVEDRA> Así o dixo esta mañá o Presidente da Deputación de Pontevedra no seu tradicional almorzo de Nadal cos medios de comunicación.

    {flowplayer}images/salnes/AlmorzoLouzan171212.flv{/flowplayer}

    Unha labor difícil a que tivo que asumir ó longo deste ano a Deputación de Pontevedra, así o dixo o seu Presidente, Rafael Louzán, no almorzo informativo que mantén cada ano por estas datas con representantes dos distintos medios de comunicación. Malia todo, segundo dixo, os compromisos adquiridos quedaron cumpridos , entre eles a reforma do Estadio de Pasarón, a Ponte de Monteporreiro ou o Novo Edificio do Museo de Pontevedra, que segundo anunciou en poucos días será inaugurado polo Presidente do Goberno.

    En canto ós Concellos, o Presidente destacou o traballo feito no que se refire á modernización tecnolóxica, sobre todo dos municipios máis pequenos. E tamén no acceso a Internet dos veciños do rural. Ó falar das contas, non se foi polas ramas e admitiu que non se descartan despedimentos nalgúns concellos.

    Con respecto ó Partido Popular tamén fixo balance Rafael Louzán, felicitou á súa formación por ter acadado de novo a confianza da cidadanía, revalidando a maioría absoluta e mesmo aumentando o número de escanos. Por outra banda, no que respecta a súa candidatura á reelección como Presidente provincial dixo ser demasiado cedo para abordar o tema.

    Así mesmo Louzán aproveitou tamén para felicitar as festas a tódolos pontevedreses e fixo un chamamento á solidariedade nestes tempos de crise. Tampouco se esqueceu no seu repaso polo 2012 de facer unha mención especial ós que nos deixaron neste ano como Manuel Fraga ou o alcalde de Meaño, Jorge Domínguez.

    Redacción Salnés