SALNÉS> Confirmouse de xeito oficial a presencia de José López Rivas no vindeiro Rally Dakar, que este ano volve a discorrer por Perú, Arxentina e Chile. O obxectivo do piloto afincado en Sanxenxo volve a ser rematar a proba, algo que aínda non foi quen de conseguir nas súas cinco participacións.
O piloto lucense afincado en Sanxenxo, José Luís López Rivas, volverá a competir no Rally Dakar, ó contar por segundo ano consecutivo co patrocinio de Marineda City. Será de novo o único equipo galego que compita na categoría de turismos, nun Dakar 2013 que arrancará o 5 de xaneiro e rematará o día 20.
Unha vez máis os participantes terán que percorrer 10.000 quilómetros arrancando dende Lima ata chegar a Santiago de Chile, atravesando polo tanto Perú, Chile e tamén Arxentina. O equipo Racing Dakart-Marineda City cambia de coche. Competirán cun Toyota Land Cruiser preparado para participar na categoría T2.
O obxectivo volverá a ser rematar a proba. López Rivas tivo que abandonar na pasada edición de forma prematura por problemas técnicos e por este motivo afronta o Dakar 2013 con máis forza. Como copiloto levará a Joan Rubí, con experiencia en edicións anteriores.
Trala preparación mecánica do vehículo, o equipo adestrarase nas dunas de Merzuga, no deserto do Sahara, antes de embarcar en Le Havre (Francia) rumbo a Lima.
O vehículo del equipo Racing DaKart-Marineda City estará exposto na Coruña, na segunda planta do centro comercial.
Redacción Salnés