![]()
VILAGARCIA> As traballadoras da factoría de Cuca en Vilaxoán son unha das mostras máis significativas da loita das mulleres das Rías Baixas…
{flowplayer}images/salnes/informe_ccoo_cuca.flv{/flowplayer}
…por un posto de emprego. Precisamente esta foi a localización que escolleu este ano Comisións Obreiras para dar a coñecer o seu manifesto e, nesta ocasión, un informe sobre a situación de desemprego da muller en oito concellos do Salnés.
Nesta comarca contabilízanse segundo este sindicato 7.047 mulleres como demandantes de emprego, sendo a franxa de entre os 25 e os 45 anos a que conta cun maior número de paradas. Chama a atención neste estudio o sector de paradas de longa duración e tamén a recente entrada de mulleres nas listas do Inem, ó que da conta destrucción de emprego e do alto índice de temporalidade que se dá no traballo feminino; amais das condicións discriminatorias en soldo e condicións que adoitan asociarse a este emprego.
Por sectores, ós máis castigados son a hostalería e o comercio seguido da industria manufactureira. Ante esta situación, fan un chamamento ós Gobernos Central e Autonómico en forma de manifesto para que garantan o acceso en igualdade das mulleres ó traballo e que a crise non afecte a eidos tan sensibles para a súa estabilidade e empregabilidade como son a Lei da Dependencia, a protección da maternidade ou a violencia de xénero, entre outros.
Redacción Salnés







