Algunhas rúas de Vilagarcía inúndanse de novo

    Unha vez máis as fortes choivas caidas na tarde de hoxe provocaron inundacións en interseccións, rúas e algúns comercios da capital Arousán.  A Avenida da Marina, O Ramal, as rúas Padre Feijo, Edelmiro Trillo e Conde Vallellano entre outras sufriron anegamentos que mesmo afectaron a algúns comercios asentados nestas ruas.

    Membros dos Bombeiros do Salnés, Protección Civil e Policía Local de Vilagarcía afanáronse esta tarde en cortar o tráfico as rúas inundadas e atender as distintas incidencias provocadas polas fortes chuvias que nos trouxo a cicloxenese explosiva “Petra”.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/Inundacion_Vilagarcia_1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/02febreiro/04/Vilagarcia_inundacions_.mp4{/flowplayer}