Vilagarcía acolle a celebración da Copa Galicia infantil

VILAGARCÍA> Este domingo celébrase en Vilagarcía a Copa Galicia para categoría infantil. No evento participan oito equipos, catro en categoría masculina e outros tantos en femenina. Estarán o Liceo Casino e o Cortegada, que é o organizador do torneo en colaboración co concello.

{flowplayer}images/salnes/PtacCopaGalicia_221112.flv{/flowplayer} 

Fontecarmoa acolle este domingo a disputa da Copa Galicia en categoría infantil. No pavillón 1 celebraranse os encontros de categoría femenina, no que estará presente o organizador, o Cortegada. O conxunto local, o Grupo Junquera Cortegada debutará ás 10 :30 na primeira semifinal ante o Celta Maristas. Dúas horas despois saltarán ó parqué Pontumio de Pontedeume e Codigalco Carmelitas, por outro posto na gran final que se celebra ás 19 horas. Dende o Cortegada tómanse a organización deste torneo como un premio ó traballo que veñen realizando durante anos coa base. 

No que respecta á competición masculina, os partidos arrancarán tamén ás 10:30 no pavillón 2 de Fontecarmoa. Tamén haberá representación local, co Liceo Casino, que xogará ante o basquet Coruña. Ás 12:30 xogarase a outra semifinal, entre COB Salesianos e Santo Domingo de Betanzos. Para as 17 horas quedará o encontro polo terceiro posto e para as 19 horasa gran final desta Copa Galicia Infantil.

Redacción Salnés