O Pazo de Fefiñáns recibe a declaración de Ben de Interese Cultural

    fefinansbic copia.jpg CAMBADOS> O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, foi o encargado de realizar o anuncio durante a investidura de Donas e Cabaleiros do Albariño.

    {flowplayer}images/salnes/BIC_FEFINANS.flv{/flowplayer}

    Este domingo, coa celebración do Capítulo Serenísimo poñíase o broche final á sesenta edición da Festa do Albariño de Cambados. Unha cerimonia que arrancaba co tradicional desfile de autoridades desde a praza do concello ata Fefiñáns. Unha vez dentro do Pazo daba comezo o acto onde coñecemos ás novas damas e cabaleiros da Orde. Alí o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, anunciou a súa decisión de declaralo Pazo de Fefiñáns Ben de Interese Cultura.

    Deste xeito, amosaba Feijoo o seu compromiso co sector vitivinícola, un sector que é, dixo, un exemplo para superar estes tempos que corren. Expresou que tanto os viticultores coma os adegueiros da DO teñen que ser un referente para todos.

    As primeiras palabras do Presidente da Xunta foron para o ex-dirixente Manuel Fraga. Para Feijoo, outro dos referentes para facer fronte á crise. Palabras ás que se uniu o alcalde de Cambados. Este engadiu, ademais, que sen Fraga, a Festa do Albariño non sería, a día de hoxe, a máis importante de España.

    Pola súa banda, o Presidente do Consello, salientou os bos datos acadados en Rías Baixas no exercicio 2011. Para seguir na mesma liña, asegurou, será imprescindible que o sector traballe conxuntamente. Isto servirá ademais, para facer fronte á escasa colleita que virá este ano.

    Foron nomeadas damas a Conselleira de Traballo e a actriz Ana Turpin e cabaleiros o Conselleiro de Cultura e Educación, o Presidente da Academia Española de Gastronomía, o xerente do Consello Regulador, o adegueiro José Masaveu, o ciclista Abraham Olano e o escultor cambadés Manolo Paz. No acto tamén se fixo entrega das distincións ós Xóvenes Albariñenses, os albariñenses de honra e as follas de prata.

    Redacción Salnés