‘Especies varadas’: arte con lixo mariño en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Xa se pode visitar en Vilagarcía a exposición ‘Especies varadas’. Trátase dunha mostra do artista Sergio Ordóñez, que crea arte con lixo mariño.

Anacos de cerámica, madeira e, por suposto, moito plástico danlle forma a unha colección de cadros e esculturas nas que os refugallos se transforman en pezas que convidan ao espectador a reflexionar sobre o grave problema do lixo no mar.

A exposición pode visitarse na sala de exposicións do Centro Comercial Arousa ata o 5 de decembro.