O albariño Gundián gaña a cata-concurso Rías Baixas

    premioalbarino copia.jpg CAMBADOS> O segundo premio foi para a Adega Beira Aral, de Arbo, e o terceiro para a cambadesa Lagar de Costa.

    {flowplayer}images/salnes/VINOS_GANADORES.flv{/flowplayer}

    Unhas seiscentas persoas asistiron este ano á comida oficial do Albariño de Cambados onde, coma é tradición, se dan a coñecer os nomes dos gañadores da Cata-Concurso Rías Baixas Albariño. Nesta ocasión participaron un total de sesenta e unha adegas que competiron por selos mellores brancos desta DO. O caldo Gundián, de Adega Valdés, da Ribeira do Ulla, alzouse co primeiro premio mentres que o segundo e terceiro, respectivamente, foron para a Adega Beira Aral, de Arbo, e Lagar de Costa, de Cambados.

    Agora, o responsable de ventas de Adega Valdés só agarda que este recoñecemento ó seu traballo lles axude á hora da comercialización dos seus viños.

    O xerente do Consello Regulador de Rías Baixas, Ramón Huidobro, confesou que este ano a festa estivo máis profesionalizada ca nunca. Así mesmo, asegurou que a cata foi unha cata difícil o que amosou, dixo, o bo traballo que se está facendo. —

    Pola súa banda, o Presidente do Consello, Juan Gil de Araújo, amosou a súa satisfacción ó tratarse de tres adegas pequenas as que foron premiadas nesta ocasión.

    Ante o éxito da festa e dos albariños a nivel internacional, para Gil de Araujo, o futuro terá que estar marcado pola aposta pola calidade e o prestixio. Recoñecemento ó que se uniu a Conselleiro do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.

    Ó principio da comida foi descuberta tamén a estatua na honra de Manuel Fraga deseñada polo escultor Lucas Míguez encargada polo concello.

    Redacción Salnés