Guerra recoñece que a suba do IVE prexudicará ó pequeno comercio

    CONVENIOCOMERCIO copia.jpg PONTEVEDRA> Así o recoñeceu o conselleiro de Industria durante a sinatura dun convenio coa Deputación para impulsar o sector.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_COMERCIO.flv{/flowplayer}

    O oitenta e dous por cento de toda a actividade comercial da provincia de Pontevedra recae no pequeno e mediano comercio. O peso deste sector na economía pontevedresa é un dos motivos que levou a Xunta e Deputación a asinar, por cuarta vez, un convenio de colaboración con actuacións específicas para dinamizar comercios e prazas.Douscentos corenta mil euros cos que se tratará de mellorar a calidade dos establecementos e da prestación dos servizos que ofrecen ós clientes. Segundo o conselleiro de Industria, Javier Guerra, unha axuda vital para un sector que non pasa o seu mellor momento, e para o que a suba do IVE non axuda, ‘pero había que facelo’.

    O convenio asinado permitirá continuar con actividades de promoción como o Merca na rúa, consistente no sorteo de vales compra para consumir no comercio da vila, ou impulsar as compras en prazas e mercados municipais.

    O acordo asinado tamén permitirá impulsar a aula de formación especialidade en escaparatismo e merchandising, xa en funcionamento.

    A cobertura do convenio complétase coa instalación de tres novos totems de información en mercados municipais e o impulso á Rede de Dinamización Comercial.

    Redacción Salnés