A Garda Civil desartella un punto de venda e distribución de droga no Barbanza

BARBANZA> Un operativo levado a cabo pola Garda Civil de Boiro permitiu desmantelar un grupo dedicado á venda e distribución de substancias estupefacientes na comarca do Barbanza.

Foi no marco da denominada operación ‘Cobregón’ e deu como resultado a detención de tres persoas, dous veciños da Pobra e unha de Ribeira. Todos eles vellos coñecidos das forzas da orde por causas similares.

A investigación iniciouse xa o pasado mes de novembro, unha vez que os axentes constataron un aumento do consumo e venda de droga ó por menor na comarca.

Unha vez identificados, establecéronse varios controis. Nun deles, en Rianxo, atopáronlle no interior do vehículo no que viaxaban un total de 219 gramos de cocaína en roca, que unha vez manipulada, podería alcanzar unha cantidade próxima ás 1.100 unidades.

Os tres prendidos están acusados dun presunto delito contra a saúde pública. Xa pasaron a disposición xudicial no Xulgado de Instrución Número 1 de Padrón que é quen instrúe a causa.

Ademais da droga, fóronlle intervidos tamén varios teléfonos móbiles e o vehículo no que viaxaban.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí