BOIRO> Xa hai máis de 200 inscritos para a andaina do autismo que se celebrará en Boiro este domingo. Está organizada pola asociación BarbanTEA e o concello. O obxectivo é dar a coñecer as potencialidades das persoas afectadas polo trastorno do espectro autista.
Centos de boirenses camiñarán este domingo pola inclusión. A Asociación de persoas con autismo BarbanTEA organiza unha andaina que partirá ás dez e media da mañá dende a praza de Galicia para realizar un percorrido de seis quilómetros polo paseo do Río Breiro, o paseo marítimo de Barraña e o estuario do Río Coroño.
O obxectivo deste evento é dar a coñecer o trastorno do espectro autista e favorecer a inclusión das persoas que presentan esta condición como parte activa e enriquecedora da sociedade.
Ademais do concello de Boiro, colaboran con esta iniciativa numerosas empresas locais que quixeron aportar o seu gran de area ante esta boa causa.
A inscrición, que xa se poder realizar a través da web barbantea.org é gratuíta. Os asistentes poderán realizar donativos, se así o desexan, nas huchas instaladas na asociación o propio día da andaina.











