PONTEVEDRA > O Complexo Deportivo da Parda e o novo Estadio de Pasarón, en Pontevedra, será unha realidade no 2007. Así o manifestaron as tres Administracións implicadas, -o Concello, a Deputación Provincial e a Consellería de Cultura e Deporte- durante a sinatura do convenio que fai efectivo o inicio dos trámites. O orzamento total ascende a máis de once millóns de euros.
Finalmente, se materializaba en xaneiro o convenio entre as administracións implicadas na mellora das infraestructuras pontevedresas, unha vella demanda da cidadanía que para o 2007 podería ser unha realidade.
O Presidente da Deputación sinalou que agora se abre un prazo de trámites burocrático- administrativos que se prolongarán, en principio, ata mediados do presente ano.
A remodelación de Pasarón, un campo que ten máis de 40 anos de historia, redundará no apoio das 3 Administracións ó deporte de base, e o Complexo da Parda completará ese desexo dos pontevedreses de contar con instalacións á altura da capital de provincia.
Redacción Salnés