![]()
NOALLA> A celebración será os días 10, 11 e 12 de agosto ó carón do campo de fúlbol. Ademais de ostras haberá variedade de produtos do mar a prezos populares.
{flowplayer}images/salnes/PTAC_OSTRA_NOALLA_070812.flv{/flowplayer}
Os días 10, 11 e 12 de agosto Noalla celebrará unha nova edición da Festa da Ostra. Coma de costume a carpa estará situada ó carón do campo de fútbol. Os que se acheguen ata alí poderán degustar todo tipo de produtos do mar a prezos populares. O prato estrela da festa, a ostra, estará a oito euros e medio. Desde a organización agardan vender unhas doce mil unidades.
Un ano máis os encargados de organizala festa son a Comisión de Festas do Carme. As súas expectativas para esta ocasión son igualalas cifras do ano pasado aínda que son conscientes dos tempos que corren.
Pola súa banda, a alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, que tamén asistiu á presentación desta vixésimo primeira edición da Festa, animou tanto a veciños coma visitantes a participar neste evento onde a calidade, asegurou, vai estar garantida.
De ser necesario, desde a organización contan cunha reserva dunhas cinco mil ostras.
Redacción Salnés










