A oposición rechaza as contas de 2006 e obriga a seguir prorrogando as de 2003

    RIBADUMIA > O Concello de Ribadumia terá que seguir prorrogando as contas municipais de 2003. Os grupos da oposición votaron en contra no debate dos presupostos deste ano. Independentes por Ribadumia botou en falta moitas das peticións formuladas ó longo deste exercicio e BNG cualifica de insuficiente a xestión económica do PP xa que levan tres anos sen avances e dándolle voltas ós mesmos embolados.

    A oposición de Ribadumia continúa reclamando unha auditoría para aclarar as contas do Concello, que levan estirándose desde 2003, e alomenos neste exercicio así seguirá. O PP incluíu nos presupostos deste ano unha partida de 4.000 euros para este cometido, unha cantidade ridícula segundo Independentes por Ribadumia. Cren que ós populares non lles interesa este estudo, sen embargo a alcaldesa afirma que xa consultaron con varias empresas sen resposta.

    O BNG cualificou de insuficiente a xestión económica do concello xa que despois de tres anos sen avances seguen cos mesmos embolados. No pleno falouse de novo da débeda con Obexcar e dos cobros pendentes do polígono. Tamén se falou das facturas que reclama Covsa desde o 92 ó 2001, que segundo o BNG ascenden a 31 millóns de euros. O PP está disposto a levar este tema a pleno de novo para poder incluílo nos orzamentos e pagar a Covsa.

    A oposición tamén acusou ó goberno local de excederse nos gastos correntes, esixiron unha catalogación do persoal municipal e unha actualización do seu salario, e reclamaron a presentación do censo de necesidades. O PP acusounos de facer demagoxia.

    Redacción Salnés