![]()
CAMBADOS> Así o asegurou o alcalde, Luis Aragunde. Este ano vendéronse 85.000 botellas de viño e a cifra de visitantes roldou as duascentas mil persoas.
{flowplayer}images/salnes/BALANCE_ALBARINO.flv{/flowplayer}
85.000 botellas de viño vendidas nos stands do Paseo da Calzada e unha cifra de visitantes que rolda as duascentas mil persoas. Este é o balance da sesenta edición da Festa do Albariño. Unhas cifras que, segundo o alcalde, dan conta de que Cambados venceu á crise.
Feito polo que Luis Aragunde valorou que esta sesenta edición foi todo un éxito. Éxito ó que contribuíron non só viticultores e adegueiros senón tamén, confesou, os traballadores do concello e tódolos veciños. A xornada de maior afluencia foi a do sábado.
Éxito tamén se rexistrou nas actividades máis lúdicos. A ampla oferta musical non defraudou ó público. O concerto máis numeroso foi o de Macaco con preto de sete mil persoas reunidas na praza de Fefiñáns.
Pola súa banda, o Presidente dos comerciantes de Cambados felicitou ó alcalde pola calidade do programa festivo do Albariño e aínda que non repercute tanto no comercio, asegurou, si axuda a dar a coñecer os seus produtos.
Desde o Consello Regulador tamén fixeron unha valoración moi positiva desta sesenta edición onde se demostrou, matizaron, que o apartado profesional ten cabida na festa. Na segunda edición do Túnel do Viño participaron 300 persoas que puideron catar 116 marcas da DO, pertencentes a 56 adegas. Por último, destacaron tamén desde o organismo a calidade dos caldos que participaron na XXIV Cata-Concurso Rías Baixas Albariño.
Redacción Salnés









